jueves, 18 de junio de 2026

A outra cara do Imperio español: coñecer a Historia desde as marxes

No marco das actividades de educación en igualdade e dereitos humanos, o alumnado de Xeografía e Historia de 2º de ESO D, achegouse á realidade da América española durante a época dos Austrias a través de personaxes que adoitan quedar fóra dos relatos tradicionais. Escravizados, mulleres, persoas mestizas ou líderes da resistencia permitíronnos descubrir unha realidade marcada pola desigualdade, a discriminación e a loita pola dignidade.

Organizados en grupos, investigaron figuras como Juan Latino, Benkos Biohó, Malinche ou Sor Juana Inés de la Cruz, reflexionando sobre cuestións como a escravitude, o racismo, os dereitos das mulleres e o acceso á educación. O obxectivo non foi só aprender Historia, senón comprender como as desigualdades do pasado poden axudarnos a interpretar e cuestionar situacións do presente.

A actividade permitiu desenvolver o pensamento crítico, a empatía e a capacidade de relacionar feitos históricos cos dereitos humanos e coa construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.



viernes, 5 de junio de 2026

Activismo en 3 minutos

A proposta destas microcharlas na titoría de 4ºD  foi feita pola necesidade de que o alumnado de 4º da ESO desenvolvese o pensamento crítico e a competencia comunicativa, pero sobre todo, porque urxía visibilizar o impacto real das mulleres e da mocidade nas causas sociais actuais.

 Lanzamos o reto no segundo trimestre e rematámolo no terceiro. Cada estudante tivo que preparar unha microcharla de tres minutos sobre unha muller activista, un movemento liderado por mulleres, unha causa social actual ou o activismo xuvenil buscados por eles mesmos. Para estruturar o seu discurso, debían responder obrigatoriamente a cinco preguntas clave: Que problema existe? Quen actúa? Que accións realiza? Que impacto ten? e Que queda por facer?

O resultado foi o esperado: a aula converteuse nun foro de debate útil onde descubrimos realidades silenciadas. Escoitar aos rapaces defender os logros de mulleres científicas, ecoloxistas ou defensoras dos dereitos humanos ou analizar o impacto de movementos feministas, cambiou e ampliou as perspectivas de xénero do grupo. Aprendemos todos demostrando que para cambiar o mundo só fai falla ter claras as ideas e contar co espazo para alzar a voz.



viernes, 29 de mayo de 2026

A miña vida nun metro cadrado: Espazos sen identidade de xénero

 

Propuxemos este reto na titoría de 4º D  co obxectivo de favorecer o coñecemento mutuo e a cohesión do grupo desde un enfoque coeducativo. Propuxemos ao alumnado que identificase eses estereotipos e marcas de xénero que ás veces asumimos como propios, e que aprendesen a valorar e respectar as diferenzas e particularidades de cadaquén como unha riqueza colectiva.

 O reto consistía nunha presentación moi especial: cada persoa da clase tiña que escoller obxectos que a definisen, poñelos dentro do espazo delimitado dun metro cadrado, sacarlles unha foto e expoñer a súa vida ante o resto. 

Para romper o xeo a profesora foi a primeira en expoñer o meu metro cadrado.Esta exposición pública

converteuse nun xeito de recoñecernos, amosar os nosos soños, gustos e capacidades. A vergoña estaba presente nos primeiros segundos de exposición pero pouco a pouco foise esvaecendo e atopamos conexións entre nós que non coñeciamos ata o momento que realmente foi o máis potente da actividade foi ver os puntos en común que tiñamos.O mellor de todo é que este proxecto dura todo o curso. Como lles digo sempre: "Nós cambiamos, o noso metro cadrado tamén", tendo liberdade de redeseñar a súa identidade sen moldes preestablecidos.



martes, 26 de mayo de 2026

Que hai detrás da prostitución?

O alumnado de 1º de BAC C participou o 20 de maio neste obradoiro baseado nos paneis da exposición da Rede Galega contra a Trata Sexual "Qué hai detrás da prostitución?" Traballouse en grupos analizando cada un dos paneis e desvelando os mitos que xustifican a desigualdade e a explotación sexual de mulleres e nenas, xerouse o debate e custionouse de xeito crítico o que nos está a vender a industria proxeneta e pornográfica.





Aquí abaixo tedes o enlace para ver o pdf  no que se basou o obradoiro:

https://drive.google.com/file/d/1Iy_4roQ4kjPTBn7BSgaWmMQuGey2go4G/view?usp=sharing



jueves, 21 de mayo de 2026

Romper o silencio e cuestionar os estereotipos

Esta actividade realizouse no marco do Proxecta 365 Igualdade, dentro da materia de Francés (FLE) de 1º de Bacharelato, cun enfoque preventivo e participativo. O seu propósito foi promover unha reflexión crítica sobre os estereotipos e sobre a responsabilidade individual na convivencia e nas relacións do grupo.

 A proposta desenvolveuse en distintas sesións, combinando a análise de materiais audiovisuais e o debate guiado en lingua francesa.

 1ª sesión: Análise da canción Balance ton quoi de Angèle

A través da ironía e da crítica social, Angèle cuestiona a normalización de condutas sexistas, os micromachismos e a aceptación de expresións ou actitudes discriminatorias que, moitas veces, se reproducen sen reflexión.

 A actividade plantexouse para desprazar o foco da figura do “agresor” cara ao papel de cada persoa dentro do grupo. O obxectivo non era sinalar culpables, sen máis ben fomentar a toma de conciencia sobre como cada membro pode contribuír—de maneira consciente ou inconsciente—á mantención ou á transformación de determinadas dinámicas sociais.

 Para guiar a reflexión, formulouse unha pregunta central:

Quel rôle est-ce que je joue dans le groupe quand apparaissent des situations discriminatoires ?

 A partir dela, o alumnado abordou cuestións como:

- o silencio como forma de aceptación;
- a repetición inconsciente de estereotipos;
- a influencia do grupo nas nosas decisións;
- a responsabilidade individual para cambiar dinámicas que perpetúan a desigualdade.

Sen xulgar experiencias persoais, traballouse sobre os mecanismos sociais que favorecen a discriminación. Tras o visionado do videoclip e a análise da letra, abrironse debates en francés a través de preguntas como:

- Pourquoi certaines phrases sexistes semblent-elles « normales » ?
- Est-il facile de dire à un ami qu'il a dépassé les limites ?
- Peut-on rire d'une blague sans être d'accord avec son contenu ?
- Pourquoi répétons-nous parfois des expressions sans réfléchir ?


 2ª sesión: Visualización da curta Derrière la porte de Julien Pestel

Nunha sesión posterior, o alumnado de Francés de 1º de bacharelato visualizou a curta metraxe Derrière la porte de Julien, que permite abordar un aspecto clave da educación para a igualdade: o papel das  persoas espectadoras. A historia vai máis alá da clásica división entre vítima e agresor e sitúa o alumnado ante un dilema moral especialmente próximo á súa realidade: que facer cando a violencia é exercida por alguén próximo, admirado ou integrado no grupo de amizades.

Nesta etapa vital, a necesidade de pertenza, o medo ao rexeitamento ou á perda de status social poden favorecer o silencio fronte a situacións de violencia, control ou humillación. Por iso, a actividade buscou desenvolver unha reflexión crítica sobre estes mecanismos e, ao mesmo tempo, promover a responsabilidade individual e colectiva ante condutas inxustas.

Respondimos a unha enquisa completamente anónima en papel para coñecer como  percibe o propio alumnado determinadas situacións relacionadas coa igualdade

O obxectivo é comparar e tomar conciencia entre:

-o que pensamos que facemos;
-o que realmente facemos;
-os factores que condicionan o noso comportamento. 

O alumnado identificou implícitamente as posibles contradicións entre os valores que calquera afirma defender e as reaccións máis habituais dentro dun grupo.

Aínda que non todos participaron no debate oral, si que o fixo unha maioría significativa.

O seu enfoque foi especialmente valioso porque desprazou a reflexión desde a dicotomía vítima–agresor cara ao papel do grupo, facendo visible que a cultura da igualdade tamén depende das decisións cotiás das persoas que observan unha situación de violencia. Deste xeito, o alumnado analizou os condicionantes sociais da súa propia actuación e identificou estratexias para superar o medo á exclusión, reforzando a idea de que intervir de forma segura e buscar apoio son accións compatibles coa convivencia e co respecto aos demais.


Esta actividade contribúe á prevención das violencias machistas desde unha perspectiva de corresponsabilidade social. Promove a reflexión crítica sobre a influencia da linguaxe, os estereotipos e a presión do grupo, favorecendo que o alumnado identifique o seu propio papel na construción dunha convivencia máis igualitaria. Ao analizar situacións próximas á súa experiencia cotiá e debater sobre elas nun contexto seguro, foméntanse habilidades de pensamento crítico, empatía, comunicación respectuosa e compromiso coa defensa dos dereitos humanos, reforzando o papel do alumnado como axente activo na promoción da igualdade.

 

 

viernes, 15 de mayo de 2026

A Violencia de xénero, dille non

O IES. Sanxillao acolleu a exposición: “A Violencia de xénero, dille non” do 22 de abril o 10 de maio dentro das accións do Plan Proxecta de Igualdade "365 días de igualdade e respecto".



Esta exposición vai dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións. Poidemos comprobar que é un xeito de    sensibilizar e concienciar a toda a comunidade educativa sobre a importancia de construír unha sociedade baseada  na igualdade, no respecto e na tolerancia cero ante calquera forma de violencia machista.  Todo isto facendo fincapé nos máis novos/as.

Os alumnos e alumnas do centro reflexionaron a través dos distintos paneis sobre unha realidade que  segue moi presente no noso día a día, a violencia cara as mulleres e a súa normalización. Os paneis, as mensaxes e  as imaxes expostas convidan a pensar, dialogar e tomar conciencia sobre a necesidade de identificar e rexeitar comportamentos de control, manipulación, abuso, sextorsión, celos, chantaxe emocional, discriminación, maltrato e un longo etcétera.

Ademáis tivemos a oportunidade os diferentes titores e titoras da ESO e 1º de BAC de traballar coa   Unidade Didáctica baseada na propia exposición.  

Con este material preténdese sensibilizar á poboación máis nova ante a violencia de control entre adolescentes, como suxeitos  potenciais de novas formas de malos tratos a través das redes sociais, como o ciberacoso, o sexting ou o ciberbullying.


A Unidade didáctica incide na aprendizaxe á hora de identificar a Violencia de Xénero e as súas principais manifestacións que se dan entre a mocidade .Traballouse sobre como   discernir que é e que non é unha actitude machista nunha relación e diferenciar unha relación tóxica e machista dunha igualitaria. Ademáis a unidade traballa os micromachismos e así o noso alumnado puido recoñecelos como  base da Violencia de Xénero; queda a parte de interiorizalos e identificalos na súa vida diaria, na nosa vida diaria.   



 

jueves, 14 de mayo de 2026

Repensando o amor, a sexualidade e as relacións afectivas

 Esta proposta para o alumnado de filosofía de 4 ESO xorde da colaboración coa  Fundación Juan Soñador e o seu proxecto Berrando ao Mundo, iniciativa para fomentar a igualdade de xénero entre a poboación adolescente e xuvenil.


En decembro a temática traballada foi unha sexualidade saudable. Para iso reflexionamos no grupo sobre mitos e realidade en torno a sexualidade e fixemos tamén dinámicas de concienciación sobre o consentimiento.


En maio do  2026 a proposta de Juan Soñador foi sobre relacións afectivas, tratando de poñer en valor os gustos persoais, a autoestima e unha comunicación asertiva nas relacións. Nas sesións de filosofía continuamos a traballar sobre o amor para revisar as creenzas existentes no alumnado. En todas as sesións desveláronse e cuestionáronse estereotipos de xénero presentes no imaxinario popular.


A outra cara do Imperio español: coñecer a Historia desde as marxes

No marco das actividades de educación en igualdade e dereitos humanos, o alumnado de Xeografía e Historia de 2º de ESO D, achegouse á realid...