lunes, 9 de febrero de 2026

Benvida ao blog

 Dámosvos a benvida ao blog da Comisión de Igualdade do IES Sanxillao, un espazo creado para compartir, reflexionar e traballar pola igualdade e o respecto dentro da nosa comunidade educativa.

Este blog foi creado polo alumnado de TIC de 2º de Bacharelato, que participou activamente no seu deseño e posta en marcha como parte do seu proceso de aprendizaxe. Grazas ao seu traballo e implicación, hoxe contamos cunha ferramenta que será de todas e todos.



Neste blog compartiranse as actividades que se vaian realizando para traballar a igualdade en todos os cursos do centro, visibilizando as iniciativas, proxectos e accións que se leven a cabo ao longo do curso para promover unha educación máis xusta, inclusiva e respectuosa.

Este é só o comezo dun proxecto colectivo no que cada achega conta. Agardamos que este espazo sirva para aprender, expresarnos e construír xuntas e xuntos un centro máis xusto e inclusivo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Analizando as cancións de moda

O alumnado de música de primeiro de bacharelato está a estudar as letras de cancións actuais, analizando diferentes aspectos, en particular ...