jueves, 23 de octubre de 2025

En carne viva - Teatro e igualdade

O alumnado de 3º da Eso do noso instituto asistiu a representación da obra de teatro En carne viva interpretada polo grupo Bengala Teatro o 22 de outubro.


EN CARNE VIVA danza entre varios mundos,varias personaxes presas da mesma historia que tratan de sobrevivir nunha sociedade deshumanizada. Disforia de xénero, frustración, amor, suicidio e xuventude son temas protagonistas nesta historia que investiga e reflexiona sobre a convulsa sociedade actual. Unha dramaturxia inspirada libremente na personaxe de Segismundo da obra ‘La vida es sueño’ de Calderón de la Barca; na película ‘Laurence Anyways’de Xavier Dolan e en múltiples investigacións e relatos anónimos.

Despois da obra houbo un diálogo enriquecedor e unhas actividades que poidemos implementar na aula.


O profesorado acompañante foi, Iria Otero, Isabel Sánchez, Teresa Sánchez e Chapinal.  

Esta actividade a organizou a comisión de Igualdade e contou coa colaboración do profesorado do centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A outra cara do Imperio español: coñecer a Historia desde as marxes

No marco das actividades de educación en igualdade e dereitos humanos, o alumnado de Xeografía e Historia de 2º de ESO D, achegouse á realid...