A profesora do Ámbito Lingüístico-Social Ruth Fernández traballou coa prensa dentro do Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia no grupo de 4º ESO-PDC. Continuamos así a iniciativa que comezou o curso pasado en 3º ESO con este grupo de alumnos.
A lectura dos xornais dos mércores permitiu facer un seguemento de varias temáticas vencelladas a esta iniciativa de IGUALDADE.
Así, fixemos un percorrido pola prensa escrita dos casos de violencia de xénero para preparar distintos murais e exposicións orais que o alumnado presentou na aula, incidindo na problemática dos crimes machistas e a violencia vicaria. Fixemos tamén lectura de poemas e outros textos literarios con motivo da conmemoración do 25N e o 8M, centrándonos en conceptos coma o feminismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario