viernes, 24 de abril de 2026

Anímate a probar o meu deporte/afección

Propuxemos esta actividade na titoría de 4ºD porque a igualdade non pode ser só teórica; temos que aprender a compartir os espazos de lecer, afecións e deportes e lexitimar os gustos de cada persoa por riba das expectativas sociais.

Organizamos unha dinámica onde cada alumno e alumna tiña que preparar unha "tarxeta de invitación" figurada cara ao resto do grupo para animar a practicar o o seu hobby ou deporte favorito, abrindo canles de participación directa.

A reacción do grupo foi interesante e creáronse alianzas inesperadas e algúns dos  alumnos comprometéronse a probar algún deporte novo que non consideraran noutro momento, como por exemplo o badminton. Conseguimos que a titoría se fixese un pouco máis grande e inclusiva, entendendo que compartir o tempo libre fóra dos clichés establecidos nos fai un grupo moito máis libre.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

A outra cara do Imperio español: coñecer a Historia desde as marxes

No marco das actividades de educación en igualdade e dereitos humanos, o alumnado de Xeografía e Historia de 2º de ESO D, achegouse á realid...