Este proxecto foi desenvolvido polo alumnado de 3º da ESO na materia de Francés (segunda lingua estranxeira) durante o segundo trimestre, no marco do programa Proxecta 365 de Igualdade. O traballo centrouse na análise da situación da muller ao longo do tempo e en diferentes contextos culturais.
O punto de partida foi a lectura da obra Le tour du monde en 80 jours de Xulio Verne, que permitiu ao alumnado achegarse a unha visión crítica dos roles femininos presentes na literatura clásica, ao tempo que reforzaba a competencia lingüística en lingua francesa.
O alumnado reflexionou sobre a vixencia destas problemáticas na actualidade, identificando exemplos contemporáneos e desenvolvendo unha mirada crítica fronte ás inxustizas que persisten en nome da tradición ou da cultura.
Este proxecto contribuíu a fomentar valores de igualdade, respecto e pensamento crítico, promovendo unha educación comprometida coa erradicación da violencia de xénero e coa construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario