No marco da materia de Proxecto Competencial de 1ºESO, o alumnado do noso instituto realizou unha actividade centrada na visibilización de mulleres ilustres que deixaron unha pegada importante na historia, na ciencia, na cultura, no deporte ou na defensa dos dereitos sociais.
A través da creación de infografías, o alumnado investigou a vida e os logros de diferentes mulleres referentes, descubrindo as dificultades ás que moitas delas tiveron que enfrontarse para conseguir o recoñecemento do seu traballo. Ademais de desenvolver competencias dixitais e de investigación, esta actividade permitiu reflexionar sobre a importancia da igualdade de oportunidades e sobre a necesidade de dar visibilidade ás achegas das mulleres ao longo da historia.
As infografías elaboradas destacaron pola súa creatividade e polo compromiso do alumnado coa temática. Con esta iniciativa, seguimos traballando para fomentar valores de respecto, igualdade e recoñecemento da diversidade de referentes femininos na nosa sociedade.
Parabéns a todo o alumnado polo seu traballo e implicación!




No hay comentarios:
Publicar un comentario