Na aula de 4ºD en titoría despois de ver como a publicidade e as redes sociais enchen ao alumnado de etiquetas encadeadas ao seu sexo e asociar coas mozas adxectivos como "guapa", "boa", mentres que aos mozos se lles premia a acción ou a autoridade "forte","líder"propuxemos esta actividade cun obxectivo claro: forzar ao cerebro de cada un de nós a buscar o valor humano real dos compañeiros, despoxándoos de calquera prexuízo ou estereotipo de xénero.
A asignación de a quen lle ías adicar adxectivos positivos foi totalmente aleatoria; a ninguén lle tocaba o seu mellor amigo ou amiga por sistema. Cada un recibiu un post it e a misión de escribir tres adxectivos positivos que os definisen de verdade. Despois, os post-its entregáronse a cada un do alumno ou aluma ao que ía dirixido polo que todos eles saíron da aula ese día cun post it con adxectivos positivos sobre eles que, ademáis, foron lidos en voz alta polos autores dos mesmos.
O resultado superou as nosas expectativas ao escoitar as definicións sen o filtro dos estereotipos. Houbo mozas definidas polos seus compañeiros como "valentes", "resolutivas" ou "líderes do grupo", e a mozos aos que a clase valoraba deles a súa "sensibilidade", "empatía" ou "capacidade para escoitar".


No hay comentarios:
Publicar un comentario