O alumnado de 4º da ESO da materia de Intelixencia Artificial levou a cabo unha interesante investigación sobre os sesgos de xénero presentes nalgunhas das ferramentas de IA máis utilizadas na actualidade.
Ao longo do proxecto, os estudantes analizaron como diferentes sistemas de intelixencia artificial responden ante determinadas preguntas, peticións ou situacións relacionadas cos roles de xénero. O obxectivo foi reflexionar sobre como os prexuízos e estereotipos existentes na sociedade tamén poden aparecer nas tecnoloxías que empregamos no noso día a día.
A través desta actividade, o alumnado non só desenvolveu competencias dixitais e pensamento crítico, senón que tamén tomou conciencia da importancia de crear tecnoloxías máis xustas, inclusivas e respectuosas coa igualdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario