O IES. Sanxillao acolleu a exposición: “A Violencia de xénero, dille non” do 22 de abril o 10 de maio dentro das accións do Plan Proxecta de Igualdade "365 días de igualdade e respecto".
Esta exposición vai dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións. Poidemos comprobar que é un xeito de sensibilizar e concienciar a toda a comunidade educativa sobre a importancia de construír unha sociedade baseada na igualdade, no respecto e na tolerancia cero ante calquera forma de violencia machista. Todo isto facendo fincapé nos máis novos/as.
Os alumnos e alumnas do centro reflexionaron a través dos distintos paneis sobre unha realidade que segue moi presente no noso día a día, a violencia cara as mulleres e a súa normalización. Os paneis, as mensaxes e as imaxes expostas convidan a pensar, dialogar e tomar conciencia sobre a necesidade de identificar e rexeitar comportamentos de control, manipulación, abuso, sextorsión, celos, chantaxe emocional, discriminación, maltrato e un longo etcétera.
Ademáis tivemos a oportunidade os diferentes titores e titoras da ESO e 1º de BAC de traballar coa Unidade Didáctica baseada na propia exposición.
Con este material preténdese sensibilizar á poboación máis nova ante a violencia de control entre adolescentes, como suxeitos potenciais de novas formas de malos tratos a través das redes sociais, como o ciberacoso, o sexting ou o ciberbullying.
A Unidade didáctica incide na aprendizaxe á hora de identificar a Violencia de Xénero e as súas principais manifestacións que se dan entre a mocidade .Traballouse sobre como discernir que é e que non é unha actitude machista nunha relación e diferenciar unha relación tóxica e machista dunha igualitaria. Ademáis a unidade traballa os micromachismos e así o noso alumnado puido recoñecelos como base da Violencia de Xénero; queda a parte de interiorizalos e identificalos na súa vida diaria, na nosa vida diaria.

.jpeg)

.jpeg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario