jueves, 21 de mayo de 2026

Romper o silencio e cuestionar os estereotipos

Esta actividade realizouse no marco do Proxecta 365 Igualdade, dentro da materia de Francés (FLE) de 1º de Bacharelato, cun enfoque preventivo e participativo. O seu propósito foi promover unha reflexión crítica sobre os estereotipos e sobre a responsabilidade individual na convivencia e nas relacións do grupo.

 A proposta desenvolveuse en distintas sesións, combinando a análise de materiais audiovisuais e o debate guiado en lingua francesa.

 1ª sesión: Análise da canción Balance ton quoi de Angèle

A través da ironía e da crítica social, Angèle cuestiona a normalización de condutas sexistas, os micromachismos e a aceptación de expresións ou actitudes discriminatorias que, moitas veces, se reproducen sen reflexión.

 A actividade plantexouse para desprazar o foco da figura do “agresor” cara ao papel de cada persoa dentro do grupo. O obxectivo non era sinalar culpables, sen máis ben fomentar a toma de conciencia sobre como cada membro pode contribuír—de maneira consciente ou inconsciente—á mantención ou á transformación de determinadas dinámicas sociais.

 Para guiar a reflexión, formulouse unha pregunta central:

Quel rôle est-ce que je joue dans le groupe quand apparaissent des situations discriminatoires ?

 A partir dela, o alumnado abordou cuestións como:

- o silencio como forma de aceptación;
- a repetición inconsciente de estereotipos;
- a influencia do grupo nas nosas decisións;
- a responsabilidade individual para cambiar dinámicas que perpetúan a desigualdade.

Sen xulgar experiencias persoais, traballouse sobre os mecanismos sociais que favorecen a discriminación. Tras o visionado do videoclip e a análise da letra, abrironse debates en francés a través de preguntas como:

- Pourquoi certaines phrases sexistes semblent-elles « normales » ?
- Est-il facile de dire à un ami qu'il a dépassé les limites ?
- Peut-on rire d'une blague sans être d'accord avec son contenu ?
- Pourquoi répétons-nous parfois des expressions sans réfléchir ?


 2ª sesión: Visualización da curta Derrière la porte de Julien Pestel

Nunha sesión posterior, o alumnado de Francés de 1º de bacharelato visualizou a curta metraxe Derrière la porte de Julien, que permite abordar un aspecto clave da educación para a igualdade: o papel das  persoas espectadoras. A historia vai máis alá da clásica división entre vítima e agresor e sitúa o alumnado ante un dilema moral especialmente próximo á súa realidade: que facer cando a violencia é exercida por alguén próximo, admirado ou integrado no grupo de amizades.

Nesta etapa vital, a necesidade de pertenza, o medo ao rexeitamento ou á perda de status social poden favorecer o silencio fronte a situacións de violencia, control ou humillación. Por iso, a actividade buscou desenvolver unha reflexión crítica sobre estes mecanismos e, ao mesmo tempo, promover a responsabilidade individual e colectiva ante condutas inxustas.

Respondimos a unha enquisa completamente anónima en papel para coñecer como  percibe o propio alumnado determinadas situacións relacionadas coa igualdade

O obxectivo é comparar e tomar conciencia entre:

-o que pensamos que facemos;
-o que realmente facemos;
-os factores que condicionan o noso comportamento. 

O alumnado identificou implícitamente as posibles contradicións entre os valores que calquera afirma defender e as reaccións máis habituais dentro dun grupo.

Aínda que non todos participaron no debate oral, si que o fixo unha maioría significativa.

O seu enfoque foi especialmente valioso porque desprazou a reflexión desde a dicotomía vítima–agresor cara ao papel do grupo, facendo visible que a cultura da igualdade tamén depende das decisións cotiás das persoas que observan unha situación de violencia. Deste xeito, o alumnado analizou os condicionantes sociais da súa propia actuación e identificou estratexias para superar o medo á exclusión, reforzando a idea de que intervir de forma segura e buscar apoio son accións compatibles coa convivencia e co respecto aos demais.


Esta actividade contribúe á prevención das violencias machistas desde unha perspectiva de corresponsabilidade social. Promove a reflexión crítica sobre a influencia da linguaxe, os estereotipos e a presión do grupo, favorecendo que o alumnado identifique o seu propio papel na construción dunha convivencia máis igualitaria. Ao analizar situacións próximas á súa experiencia cotiá e debater sobre elas nun contexto seguro, foméntanse habilidades de pensamento crítico, empatía, comunicación respectuosa e compromiso coa defensa dos dereitos humanos, reforzando o papel do alumnado como axente activo na promoción da igualdade.

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A outra cara do Imperio español: coñecer a Historia desde as marxes

No marco das actividades de educación en igualdade e dereitos humanos, o alumnado de Xeografía e Historia de 2º de ESO D, achegouse á realid...