Propuxemos este reto na titoría de 4º D co obxectivo de favorecer o coñecemento mutuo e a cohesión do grupo desde un enfoque coeducativo. Propuxemos ao alumnado que identificase eses estereotipos e marcas de xénero que ás veces asumimos como propios, e que aprendesen a valorar e respectar as diferenzas e particularidades de cadaquén como unha riqueza colectiva.
O reto consistía nunha presentación moi especial: cada persoa da clase tiña que escoller obxectos que a definisen, poñelos dentro do espazo delimitado dun metro cadrado, sacarlles unha foto e expoñer a súa vida ante o resto.
Para romper o xeo a profesora foi a primeira en expoñer o meu metro cadrado.Esta exposición pública
converteuse nun xeito de recoñecernos, amosar os nosos soños, gustos e capacidades. A vergoña estaba presente nos primeiros segundos de exposición pero pouco a pouco foise esvaecendo e atopamos conexións entre nós que non coñeciamos ata o momento que realmente foi o máis potente da actividade foi ver os puntos en común que tiñamos.O mellor de todo é que este proxecto dura todo o curso. Como lles digo sempre: "Nós cambiamos, o noso metro cadrado tamén", tendo liberdade de redeseñar a súa identidade sen moldes preestablecidos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario