viernes, 5 de junio de 2026

Activismo en 3 minutos

A proposta destas microcharlas na titoría de 4ºD  foi feita pola necesidade de que o alumnado de 4º da ESO desenvolvese o pensamento crítico e a competencia comunicativa, pero sobre todo, porque urxía visibilizar o impacto real das mulleres e da mocidade nas causas sociais actuais.

 Lanzamos o reto no segundo trimestre e rematámolo no terceiro. Cada estudante tivo que preparar unha microcharla de tres minutos sobre unha muller activista, un movemento liderado por mulleres, unha causa social actual ou o activismo xuvenil buscados por eles mesmos. Para estruturar o seu discurso, debían responder obrigatoriamente a cinco preguntas clave: Que problema existe? Quen actúa? Que accións realiza? Que impacto ten? e Que queda por facer?

O resultado foi o esperado: a aula converteuse nun foro de debate útil onde descubrimos realidades silenciadas. Escoitar aos rapaces defender os logros de mulleres científicas, ecoloxistas ou defensoras dos dereitos humanos ou analizar o impacto de movementos feministas, cambiou e ampliou as perspectivas de xénero do grupo. Aprendemos todos demostrando que para cambiar o mundo só fai falla ter claras as ideas e contar co espazo para alzar a voz.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

A outra cara do Imperio español: coñecer a Historia desde as marxes

No marco das actividades de educación en igualdade e dereitos humanos, o alumnado de Xeografía e Historia de 2º de ESO D, achegouse á realid...