lunes, 2 de febrero de 2026

Golpes

O alumnado de 4º da ESO asistiu á obra de teatro GOLPES o 27 de xaneiro no noso centro. A compañía de teatro aAntena achegouse ao Sanxillao para mostrarnos o seu traballo contra a violencia machista.

Pamela é unha moza que ven de sufrir violencia machista. Pamela xa pode falar dos golpes que recibiu Pamela namorou crendo nos postulados do amor romántico. Pamela expón como foi entrando, nese círculo , e cuestiona como todo segue a ser desigual para homes e mulleres. Pamela recibiu moitos GOLPES, pero o máis grande foi verse a si mesma mudada noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que ningunha outra muller pase por onde foi golpeada. GOLPES é a vida de Pamela, unha rapaza que nos contou a súa vida, os seus soños, como era romántica, que aprendeu dunha relación que non debeu vivir .  

 

O grupo de teatro aAntena mostrounos ese  mundo onde as mulleres son golpeadas continuamente pola presión social, un  relato cru , moi directo polo cotiá das accións que vive unha moza, como vai cedendo ata irse atopando fóra da súa personalidade. Un xeito directo fuxindo do tráxico para nos amosar como nas accións máis cotiás nace o “golpe” da desigualdade e chega á violencia machista.


A obra GOLPES nos fixo identificar   todos e cada un dos índices das violencias sociais  presentados na súa vida “de todos os días”. Asemade vivimos a experiencia de que se pode transformar a realidade nunha máis igualitaria  onde  a desigualdade, e a dor que causa unha lacra social como é a violencia machista non teñan cabida.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

A outra cara do Imperio español: coñecer a Historia desde as marxes

No marco das actividades de educación en igualdade e dereitos humanos, o alumnado de Xeografía e Historia de 2º de ESO D, achegouse á realid...