viernes, 30 de enero de 2026

Contos na radio

Os alumnos gañadores da actividade de reescritura de contos clásicos de 1ºESO de Proxecto Competencial acudiron á radio do instituto para gravar o seu relato, unha nova versión de Cinsenta creada desde unha perspectiva máis igualitaria e afastada dos estereotipos tradicionais.

O alumnado de 1ºESO durante a gravación de radio


Durante a gravación, axudados pola profesora Paula Rábade, o alumnado puido vivir a experiencia de participar nun programa de radio, poñendo voz ao seu conto e compartindo co resto da comunidade educativa o traballo realizado na aula.

Esta actividade foi unha oportunidade para fomentar a creatividade, a expresión oral e a reflexión sobre a importancia de construír historias nas que a igualdade e o respecto estean presentes.

Parabéns ao alumnado polo magnífico traballo e pola ilusión coa que participaron nesta experiencia!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A outra cara do Imperio español: coñecer a Historia desde as marxes

No marco das actividades de educación en igualdade e dereitos humanos, o alumnado de Xeografía e Historia de 2º de ESO D, achegouse á realid...