O primeiro paso foi cos compañeiros da aula e o segundo con persoas que non pertencesen ao ámbito educativo. Dimos un tempo dunha semana e puxemos en común as nosas experiencias axudándonos.
Ver o resultado no grupo foi emocionante. Ao principio houbo algun sorriso de vergoña, pero o máis bonito foi ver ao alumando asumir o rol establecido de forma activa e visible. Ao verbalizar e visibilizar eses favores, desmontamos a idea de que a empatía ou a axuda son "cousas de rapazas" e que á algo no que debemos participar todos e todas. Demostrámonos que a corresponsabilidade empeza nos pequenos xestos do día a día.

No hay comentarios:
Publicar un comentario