lunes, 1 de diciembre de 2025

25N - Día Internacional contra a Violencia Machista

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia Machista, por esta razón a comisión de Igualdade organizou un recital de poesía na Biblioteca do centro coa colaboración de Teresa Sánchez e o seu alumnado de artes escénicas de 1º de Bacharelato.


Ademáis os poemas tamén foron grabados coa axuda de Paula Rábade a profesora do Ciclo de Son e o seu alumnado para poder utilizalos con posterioridade co alumnado da ESO nas titorías.

A grabación realizouse o día 18 de novembro no estudo  de son do Ciclo Superior de Son polos propios alumnos/as de artes escénicas. O recital realizouse o 25 de novembro. Os poemas elexidos foron:  Heroínas de Adrienne Rich; Es necesario de Guisela López; Presentes de Guisela López; Feminicidio de Guisela López.  

Tamén contamos coa colaboración de Lurdes Díaz (responsable Biblioteca) e Luis Suárez ( Artes Plásticas), para adaptar o espacio da biblioteca e tomar fotos e grabar o  recital.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

A outra cara do Imperio español: coñecer a Historia desde as marxes

No marco das actividades de educación en igualdade e dereitos humanos, o alumnado de Xeografía e Historia de 2º de ESO D, achegouse á realid...