jueves, 27 de noviembre de 2025

Taller con Bengala Teatro

 


O grupo de Artes Escénicas de 1º de BAC tivo a sorte de poder realizar o obradoiro que impartiu Bengala Teatro en base a obra En carne viva.

 

Nun mundo tan convulso, a través do teatro este grupo quere achegar á mocidade problemáticas e cuestións socias actuais coas que traballar o seu espírito reflexivo e pensamento crítico.

 

Unha proposta moi interesante que levou ao noso alumnado cara o Teatro para a Reflexión onde se conxuga a arte coa educación en valores como a empatía, o respecto, a comprensión da diversidade, a igualdade e a cooperación.

 

 Traballaron a integración emocional, a escoita e a creación sen xuizo. Construiron un espazo seguro de creación artística e de expresión dende o corpo e a escritura. Convertiron pensamentos íntimos en escena dende o colectivo para abordar temáticas como o bullying, a disforia de xénero, o feminismo, a conciliación e o estigma social, empoderando e fomentando o pensamiento crítico, artístico e o autocoñecemento, individual e colectivo.



 

Todo isto a través do traballo físico para ir guiando ao alumnado por unha serie de exercicios a través dos que aprender a coñecer o seu corpo en movemento e poder profundizar nas súas emocións e pensamentos.  

O alumnado de Artes Escénicas participou activamente disfrutando e aproveitando cada segundo do taller.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

A outra cara do Imperio español: coñecer a Historia desde as marxes

No marco das actividades de educación en igualdade e dereitos humanos, o alumnado de Xeografía e Historia de 2º de ESO D, achegouse á realid...